lunes, 10 de mayo de 2021

OUT (ou SAÍR DO ARMARIO) DE DENIS PARROT


 Unha poderosa e emotiva película na que xóvenes gays, lesbianas, bisexuais e transexuais rexistran a súa saída do armario a través de YouTube, Whatsapp, Skype e outras redes sociais. "Out" é a radiografía dun tempo de liberdade, valentía e visibilidade onde uns se confían mentres outros asimilan.

Película documental dirixida por Denis Parrot. Francia, 2018. 




lunes, 3 de mayo de 2021

Ken Robinson. Intelixencia, creatividade e sistema educativo.

A través desta famosa e amena conferencia deste pedagogo experto en creatividade achegámonos a unha versión crítica do sistema educativo e dos seus límites e potencialidades para afrontar o futuro. Partindo da interpretación unidimensional da intelixencia o sistema educativo convértese nunha longa preparación para a formación universitaria. Prima, por tanto, a habilidade académica en detrimento da creatividade e do erro e o conflito como xérmolos da aprendizaxe creativa. Cada un/unha de nós é unha manifestación persoal e única dunha intelixencia diversa e dinámica e este é o verdadeiro reto dos sistemas de ensino do presente e do futuro.

viernes, 23 de abril de 2021

A ESCOLA NO MUNDO DE HOXE

 



Comezamos o visionado dunha película francesa de dirixida por Laurent Cantet e basada nunha novela escrita polo profesor François Begaudeau, protagonista tamén da película. A través dela analizaremos os conflitos que xurden nunha escola da periferia dunha gran cidade entre os mandados da escola e a diversidade cultural e de intereses do alumnado.

Breve e interesante reseña sobre a película



martes, 16 de marzo de 2021

INTERVENCIÓNS SOBRE O ESPAZO NO CUARTO DE FILO (en colaboración co CGAC de Compostela)



Experiencia de intervención na aula de filosofía.


Como complemento da charla que tivemos sobre arte contemporánea a cargo do CGAC a pasada semana, hoxe rematamos a edición das fotografías que fixemos durante esta sesión. Faltan agora os vosos comentarios que podedes facer abaixo. 

GLOSARIO VISITA DIDÁCTICA EN LIÑA UN ACHEGAMENTO Á ARTE CONTEMPORÁNEA. O CGAC E A SÚA COLECCCIÓN

 

 

Arte efémera: É unha arte baseada na creación de obras que existen por un determinado lapso de tempo. É unha arte pasaxeira, non dura no tempo, existe nun momento preciso.


Site specific: Este termo refírese a un tipo de traballo artístico deseñado para un lugar en particular e que ten unha interrelación única cun espazo, situación ou contexto determinado. Se se traslada a outro lugar perde parte ou o total da súa esencia.

 

Instalación: É un conxunto de elementos que conforman unha obra realizada cos máis variados materiais, soportes e disciplinas (pintura, fotografía, vídeo, son, performance...) e que inclúe o propio espazo (paredes, chan, luces...) como elemento de creación. En moitas ocasións o espectador é convidado a moverse ao redor da obra, a adentrarse nela ou a interactuar coa peza. En moitos casos motivan a percepción sensorial do público máis aló da vista apelando tamén ao oído, ao gusto, ao tacto ou ao olfacto.

 

Arte figurativa: A arte figurativa representa persoas, obxectos e formas que son reconocibles, que imitan a realidade. A figuración pode ser máis ou menos realista. Non esixe na persoa que observa ningún esforzo para comprendelo.

 

Arte abstracta: En lugar de representar figuras concretas e reconocibles do mundo real (como fai a arte figurativa), propón unha realidade distinta a través dunha linguaxe propia e independente de formas, cores e liñas. Non representa elementos concretos da natureza senón que propón unha nova realidade.

 

Arte expresionista: A arte expresionista esaxera, deforma e terxiversa a realidade facéndoa subxectiva. Busca plasmar a realidade pero non imitándoa, non de xeito similar a ela, senón de forma pasional, desenfreada, brusca, tentando reflectir a intimidade, o sentimento, a emoción e a visión interior do artista. Busca unha experiencia emocional. O seu obxectivo é tamén espertar emocións no espectador. Non hai respecto pola perspectiva, nin as formas, nin a iluminación. As cores son fortes, estridentes, violentas, artificiais, as pinceladas enérxicas e as texturas esaxeradas.


Performance: As performances son accións artísticas que se desenvolven nun lugar determinado durante un tempo concreto. Combínanse elementos de diversos campos como a música, a danza, o teatro e as artes plásticas. A performance lévase a cabo en vivo e existe mentres o artista realiza a súa proposta. As accións poden ser documentadas (en vídeo, fotografía, escritos...) e ser expostas.

 


miércoles, 6 de enero de 2021

ACTIVIDADE PENDENTE: LECTURA DE ARTIGO E FORO

 

Abrimos un novo ano con desexos de que sexa máis benigno có malogrado 2020. Imos retomar o curso cunha actividade que foi esquecida pola totalidade da clase. Trátase da lectura dun artigo sobre os influencers que deberedes ler como requisito previo para participar no foro da aula virtual.

Para que vos resulte máis doado, aquí tedes os enlaces:

Para acceder ao artigo. (Poderás descargar dende a aula o documento para ler)

Para acceder ao foro ( Para redactar a túa opinión activa o comando RESPONDER da dereita).