lunes, 3 de mayo de 2021

Ken Robinson. Intelixencia, creatividade e sistema educativo.

A través desta famosa e amena conferencia deste pedagogo experto en creatividade achegámonos a unha versión crítica do sistema educativo e dos seus límites e potencialidades para afrontar o futuro. Partindo da interpretación unidimensional da intelixencia o sistema educativo convértese nunha longa preparación para a formación universitaria. Prima, por tanto, a habilidade académica en detrimento da creatividade e do erro e o conflito como xérmolos da aprendizaxe creativa. Cada un/unha de nós é unha manifestación persoal e única dunha intelixencia diversa e dinámica e este é o verdadeiro reto dos sistemas de ensino do presente e do futuro.