Imos dar un pequeno paseo polo mundo da Psicoloxía Social a través dunha serie de experiementos moi coñecidos que permitiron observar a conduta humana nunha serie de situacións sociais nas que se producía unha especial interacción do individuo diante do seu grupo social de pertenza en relación tamén a outros grupos que se consideran alleos.
Comezamos por un experimento pioneiro na observación experimental do comportamento humano en interacción grupal. O seu autor é Kurt Lewin e o obxecto de análise é o papel do LIDERADO.
Continuamos con outro experimento do psicólogo Martin Seligman moi famoso e moi inteteresante sobre o fenómeno denominado INDEFENSIÓN APRENDIDA.
O experimento do cárcere de Stanford é un coñecido estudo psicolóxico sobre a influencia dun ambiente extremo, a vida en prisión, nas condutas desenvolvidas polo ser humano, dependente dos roles sociais que desenvolvían (preso-garda). Foi levado a cabo en 1971 por un equipo de investigadores liderado por Philip Zimbardo da Universidade de Stanford. Reclutáronse voluntarios que desempeñarían os roles dos gardas e prisioneiros nunha prisión ficticia. Porén, o experimento fóiselles axiña das mans e cancelouse na primeira semana.
As preocupacións éticas que envolven aos experimentos famosos a miúdo establecen comparacións co experimento de Milgram, que foi levado a cabo en 1963 na Universidade de Yale por Stanley Milgram, un antigo amigo de Zimbardo.
Antes de rematar cun vídeo moi famoso que recolle unha experiencia desenvolvida na aula pola mestra Jane Elliot co seu alumnado de educación primaria, imos lembrar un sinxelo e revelador experimento tamén de moita sona que trata de probar o poder que o grupo ten nas decisións do individuo.