lunes, 10 de mayo de 2021
OUT (ou SAÍR DO ARMARIO) DE DENIS PARROT
lunes, 3 de mayo de 2021
Ken Robinson. Intelixencia, creatividade e sistema educativo.
viernes, 23 de abril de 2021
A ESCOLA NO MUNDO DE HOXE
Breve e interesante reseña sobre a película
jueves, 8 de abril de 2021
PODER DO COÑECEMENTO-PODER DA DESINFORMACIÓN
martes, 16 de marzo de 2021
INTERVENCIÓNS SOBRE O ESPAZO NO CUARTO DE FILO (en colaboración co CGAC de Compostela)
Experiencia de intervención na aula de filosofía.
GLOSARIO VISITA DIDÁCTICA EN
LIÑA UN ACHEGAMENTO Á ARTE CONTEMPORÁNEA.
O CGAC E A SÚA COLECCCIÓN
Arte
efémera: É
unha arte baseada na creación de obras que existen por un determinado lapso de
tempo. É unha arte pasaxeira, non dura no tempo, existe nun momento preciso.
Site specific: Este termo refírese a
un tipo de traballo artístico deseñado para un lugar en particular e que ten
unha interrelación única cun espazo, situación ou contexto determinado. Se se
traslada a outro lugar perde parte ou o total da súa esencia.
Instalación: É un conxunto de elementos
que conforman unha obra realizada cos máis variados materiais, soportes e
disciplinas (pintura, fotografía, vídeo, son, performance...) e que inclúe o
propio espazo (paredes, chan, luces...) como elemento de creación. En moitas
ocasións o espectador é convidado a moverse ao redor da obra, a adentrarse nela
ou a interactuar coa peza. En moitos casos motivan a percepción sensorial do
público máis aló da vista apelando tamén ao oído, ao gusto, ao tacto ou ao
olfacto.
Arte
figurativa: A
arte figurativa representa persoas, obxectos e formas que son reconocibles, que
imitan a realidade. A figuración pode ser máis ou menos realista. Non esixe na
persoa que observa ningún esforzo para comprendelo.
Arte
abstracta: En
lugar de representar figuras concretas e reconocibles do mundo real (como fai a
arte figurativa), propón unha realidade distinta a través dunha linguaxe propia
e independente de formas, cores e liñas. Non representa elementos concretos da
natureza senón que propón unha nova realidade.
Arte
expresionista: A
arte expresionista esaxera, deforma e terxiversa a realidade facéndoa
subxectiva. Busca plasmar a realidade pero non imitándoa, non de xeito similar
a ela, senón de forma pasional, desenfreada, brusca, tentando reflectir a
intimidade, o sentimento, a emoción e a visión interior do artista. Busca unha experiencia
emocional. O seu obxectivo é tamén espertar emocións no espectador. Non hai
respecto pola perspectiva, nin as formas, nin a iluminación. As cores son
fortes, estridentes, violentas, artificiais, as pinceladas enérxicas e as
texturas esaxeradas.
Performance: As performances son
accións artísticas que se desenvolven nun lugar determinado durante un tempo
concreto. Combínanse elementos de diversos campos como a música, a danza, o
teatro e as artes plásticas. A performance lévase a cabo en vivo e existe
mentres o artista realiza a súa proposta. As accións poden ser documentadas (en
vídeo, fotografía, escritos...) e ser expostas.
martes, 23 de febrero de 2021
miércoles, 6 de enero de 2021
ACTIVIDADE PENDENTE: LECTURA DE ARTIGO E FORO
Abrimos un novo ano con desexos de que sexa máis benigno có malogrado 2020. Imos retomar o curso cunha actividade que foi esquecida pola totalidade da clase. Trátase da lectura dun artigo sobre os influencers que deberedes ler como requisito previo para participar no foro da aula virtual.
Para que vos resulte máis doado, aquí tedes os enlaces:
Para acceder ao artigo. (Poderás descargar dende a aula o documento para ler)
Para acceder ao foro ( Para redactar a túa opinión activa o comando RESPONDER da dereita).